jueves, 4 de junio de 2015

Hai que contribuir para acabar co cambio climático

A ministra española de agricultura, alimentación e medio ambiente presentou unha nova campaña: "Un millón de compromisos por el clima" para poder reducir o cambio climático adoptando unha serie de medidas para fomentar que os españoles e que algunhas institucións se animen a reducir os seus gastos de enerxía e as súas emisións de CO2.
As principais medidas propostas son:
-Reducir o uso do papel e reciclar.
-Evitar usar bolsas de plástico para mercar.
-Apagar os móbiles e os ordenadores cando non se utilicen.
-Ir andando ou utilizar a bicicleta en pequenas distancias.
-En largas distancias non utilizar o coche, senón que hai que utilizar o transporte público, xa que emite menos gases contaminantes.
-Si queres utilizar un vehículo, é preferible que sexa un híbrido ou un coche eléctrico.
-En inverno non subir demasiado a temperatura da calefacción e en verán non baixala excesivamente.
-Reducir o consumo de auga e electricidade no fogar.
Moitos expertos do cambio climático afirman que si todos contribuímos a reducir a contaminación e os gastos enerxéticos, poderemos acabar co cambio climático e con todas as consecuencias que está traendo como o aumento do nivel do mar polo desxeo dos glaciares, a alteración da migración das aves...

Para máis información sobre esta campaña fai click aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario