sábado, 16 de mayo de 2015

Algunhas momias exipcias vacías

No antigo Exipto, as persoas que falecían eran embalsamadas para poder acceder á outra vida, mentres que os animais se momificaban como sacrificio para os seus Deuses. Algúns ciudadanos exipcios, ofrecían animais disecados aos Deuses cando algún membro da súa familia superaba algunha enfermidade, polo que a industria de embalsamar aumentou.
Para que as súas momias non se descompuxesen, os exipcios utilizaban un tipo de resina coa que cubrían a pel dos corpos e que servía para matar ás bacterias e aos insectos.
Nos alrededores do río Nilo, atóparonse moitas catacumbas con animales momificados. Os científicos tiveron que utilizar raios X para poder observar o contido das momias sin ter que desenvolvelas, xa que poderíanse desfacer.

Un equipo de radiólogos escaneou 800 momias, das cales un terzo eran animais ben conservados, outro terzo contiña algunhas partes de animais e o último terzo eran materiais axenos aos animais. Esos materiais eran pedras, barro, pedazos de madeira, cáscaras de ovo...
A pesar diso, algúns expertos opinan que os exipcios non pretendían enganar aos seus Deuses senón que simplemente utilizaban os materiais que tiñan ao seu arredor para facer algunhas momias.


Fai click aquí para máis información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario