sábado, 21 de marzo de 2015

Extrañas pinturas no "Valle da Diosa"

Uns espeólogos encontraron un signo vermello nas covas do "Valle da Diosa". O signo, feito con marcas de dedo nunha rocha lisa, encontrouse nunha sala na que tamén había unha rocha pintada como masa vermella.
Os homes que naquela época pintaban as covas, eran cazadores nómadas que adoitaban vivir cerca da costa, pero esas pinturas, estaban realizadas máis cara a meseta.
Os símbolos pintados son pigmentos de cor ocre avermellado, creados a partir de rochas de ferro oxidadas que abundan no norte de Cantabria. Esas pedras, ao ser machacadas e mezcladas con auga, serven como pintura.



Para máis información pincha aquí.

martes, 17 de marzo de 2015

A nave espacial Dawn orbita arredor de Ceres

A nave espacial Dawn está en órbita arredor de Ceres, que con un diámetro de 950 km é un dos planetas ananos do Sistema Solar. Ceres foi descuberto en 1801 e atópase a uns 500 millóns de kilómetros da Terra.
Según a NASA, a nave está a uns 61.000 km da súa superficie. Os científicos investigarán Ceres  para descubrir a súa historia, a súa evolución e para buscar indicios de vapor de auga que observou o telescopio espacial Herschel.
A nave poñerase a diferentes alturas e realizará investigacións ata xuño do 2016.



Se queres máis información pincha aquí.

A auga de Ganímedes

Ganímedes é a maior lúa de Xúpiter e tamén a maior lúa do Sistema Solar. Foi descuberta no ano 1610 por Galileo Galilei e contén un campo magnético propio. A súa atmosfera é moi distinta á da Terra, pero o telescopio Hubble encontrou indicios de que contén osíxeno.
Segundo as investigacións realizadas a cabo polo telescopio Hubble, esta lúa de Xúpiter, contén un océano subterráneo con máis auga líquida da que contén a Terra. Os seus cálculos afirman que esa auga salgada, tén 100 km de profundidade e encóntrase baixo unha corteza de 150 km de grosor.
Para descubrir a existencia da auga no interior de Ganímedes, utilizouse o telescopio Hubble para observar as auroras producidas polo campo mágnetico de Ganímedes, e así poder comprobar que ten no seu interior.



Para máis información pincha aquí.

domingo, 15 de marzo de 2015

O robot Philae pode activarse dentro de pouco

O robot de Rosetta: Philae, que conseguiu aterrizar nun cometa, recibe máis enerxía solar que en novembro, cando se desconectara debido a un fallo nos arpóns que lle impediu aterrizar no lugar adecuado e polo tanto non obtivera suficiente enerxia solar, motivo polo cal se apagaron as súas baterías.
Catro meses despois do aterrizaxe, o cometa está máis preto do Sol e puido recibir suficiente enerxía solar para poñerse en marcha.
Para poder comprobar si está activo o robot Philae, os científicos enviaránlle señales a través da sonda Rosetta, que está orbitando arredor do cometa.


Para obter máis información fai click aquí.

domingo, 1 de marzo de 2015

Unha nube en Marte

En marzo de 2012 foi observada unha nube na atmosfera marciana, puidose observar durante 10 días e estaba situada a uns 250 kilómetros da superficie marciana. 
Mais tarde, en abril dese mesmo ano, volveu a aparecer. Esa nube só era visible durante o amencer, Os científicos crían que ese feito estaba relacionado coas frías temperaturas e que a nube, se formaba durante a noite. 
Según os científicos ese fenómeno podería ser unha nube ou unha aurora, aínda que sería máis probable que fose unha aurora, porque son propias desa altura e as nubes non superan os 100 km de altura.                                                                                                                                                               

Para máis información pincha aquí.