miércoles, 10 de diciembre de 2014

Visita a Plutón

No ano 2006 a nave New Horizons foi enviada a Plutón cando todavía era considerado un planeta. Actualmente esa nave está preto do seu obxectivo pero Plutón xa non é considerado un planeta, aínda que o proxecto sigue tal e como estaba previsto.
A nave chegará a Plutón no ano 2015 segundo está previsto e xa leva percorridos casi 5000 millóns de kilómetros.
A nave "despertou" fai pouco e a sua señal tardou en chegar 4 horas e 26 minutos á Terra.
Un equipo científico aseguraráse de comprobar que todos os sistemas e instrumentos da nave funcionan correctamente.

Para máis información sobre esta nave e a súa viaxe hasta Plutón pincha aquí.

domingo, 30 de noviembre de 2014

Fusión estelar

MY Cam é unha estrela que forma parte dun sistema de dúas estrelas, o que se conoce como estrela binaria. Tamén é a estrela co período orbital mais corto detectado. Cada vez que completa a súa órbita producense cambios de brillo no sistema e grazas e esos cambios descubriuse que o seu período órbital dura 1'2 días, polo que ambas estrelas deben de estar tan cerca que se están tocando e formando unha envoltura común. Os investigadores opinan que as estrelas se fusionaran nun único obxecto.



Para máis información fai click aquí.

viernes, 28 de noviembre de 2014

As profundidades da Antártida

Na Antártida disminue o grosor das capas de xeo debido a o aumento da temperatura producido polo quecemento global. Para estudar a evolución do xeo e poder medir o seu grosor con precisión, os científicos enviaron robots para realizar mapas en tres dimensións da cobertura de xeo da Antártida.
Tamén hai métodos para estudar o grosor do xeo como utilizar satélites que miden o seu espesor desde o espacio, pero é difícil debido á neve que está enriba do xeo.
Gracias aos robots enviados ás profundidades da Antártida descubriuse que o xeo da Antártida sofre procesos nos que se rompe polo vento e as olas e vólvese a conxelar posteriormente, pero iso non significa que a capa de xeo da Antártida non se estea reducindo polo quecemento global.



Para máis información pincha aquí.

Homo heidelbergensis

O homo heidelbergensis é una especie extinguida de homininos que apareceu fai uns 600.000 anos e foi un antepasado directo do homo neanderthalensis. A maioría dos restos deste hominino encontráronse nun xacemento en Atapuerca.
As súas principais características son:
-Eran altos, medían aproximadamente 1,80 m de altura.
-A súa capacidade cranial era aproximadamente de 1350 cm3.
-Utilizaban ferramentas como pedras e ósos de animais para cortar.
-Eran principalmente carnívoros e adicábanse a caza.


miércoles, 5 de noviembre de 2014

Viaxe a Marte

A NASA opina que no ano 2024 poderán enviar aos primeiros astronautas a Marte. Os astronautas que viaxarán a Marte non poderán regresar debido ao  elevado coste do viaxe, polo que van a ter que obter auga do solo, tamén terán que construír módulos para poder cultivar productos e protexelos da radiación e deberán obter osíxeno a partir da auga.



Se queres saber máis sobre este proxecto pincha aquí.

jueves, 25 de septiembre de 2014

Quecemento Global

As emisións de dióxido de carbono  están aumentando e producindo un intenso efecto invernadoiro, polo que  a temperatura da Terra será moito maior, aumentará o nivel do mar, produciranse sequías e derretiránse os glaciares. O país que emite mais dióxido de carbono é China, que produce un 27,7% do total mundial, seguida por EEUU e a UE.

Presentación

Hola!
Eu son un alumno de 1º de Bacherelato de CCMC (Ciencias para o mundo contemporáneo) e vou a dar información sobre as noticias científicas mais recientes.