martes, 17 de marzo de 2015

A auga de Ganímedes

Ganímedes é a maior lúa de Xúpiter e tamén a maior lúa do Sistema Solar. Foi descuberta no ano 1610 por Galileo Galilei e contén un campo magnético propio. A súa atmosfera é moi distinta á da Terra, pero o telescopio Hubble encontrou indicios de que contén osíxeno.
Segundo as investigacións realizadas a cabo polo telescopio Hubble, esta lúa de Xúpiter, contén un océano subterráneo con máis auga líquida da que contén a Terra. Os seus cálculos afirman que esa auga salgada, tén 100 km de profundidade e encóntrase baixo unha corteza de 150 km de grosor.
Para descubrir a existencia da auga no interior de Ganímedes, utilizouse o telescopio Hubble para observar as auroras producidas polo campo mágnetico de Ganímedes, e así poder comprobar que ten no seu interior.



Para máis información pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario