martes, 9 de junio de 2015

A enerxía escura do Universo

O Universo está composto por un 4% de materia visible, un 24% de materia escura e un 70% de enerxía escura, aínda que os científicos non saben con certeza de que se trata este tipo de enerxía.
Os científicos comprobaron que a materia do Universo se está a expandir a maior velocidade e a explicación que deron para este fenómeno consiste en que hai unha enerxía que contrarresta a enerxía gravitacional. A esta enerxía, os científicos chamárona enerxía escura pero non entenden moitas cousas sobre ela.
Cristóbal Padilla, un investigador do Instituto de Física de Altas Enerxías de Barcelona e o seu equipo de científicos, están desarrollando unha cámara para poder medir con precisión a distancia entre as galaxias e a velocidade á que se está expandindo o Universo. Esta cámara púxose en funcionamento o 3 de xuño, no telescopio William Herschel do Observatorio de Roque dos Muchachos, nas illas Canarias.
Tamén está obtendo datos sobre a enerxía escura o telescopio chileno DES, pero á diferencia do telescopio de Padilla, que ten 40 filtros, o telescopio DES tan só conta con 5, polo que ten menor precisión.


Telescopio William Herschel (Canarias)

Para máis información pincha aquí.                

No hay comentarios:

Publicar un comentario