martes, 9 de junio de 2015

A enerxía escura do Universo

O Universo está composto por un 4% de materia visible, un 24% de materia escura e un 70% de enerxía escura, aínda que os científicos non saben con certeza de que se trata este tipo de enerxía.
Os científicos comprobaron que a materia do Universo se está a expandir a maior velocidade e a explicación que deron para este fenómeno consiste en que hai unha enerxía que contrarresta a enerxía gravitacional. A esta enerxía, os científicos chamárona enerxía escura pero non entenden moitas cousas sobre ela.
Cristóbal Padilla, un investigador do Instituto de Física de Altas Enerxías de Barcelona e o seu equipo de científicos, están desarrollando unha cámara para poder medir con precisión a distancia entre as galaxias e a velocidade á que se está expandindo o Universo. Esta cámara púxose en funcionamento o 3 de xuño, no telescopio William Herschel do Observatorio de Roque dos Muchachos, nas illas Canarias.
Tamén está obtendo datos sobre a enerxía escura o telescopio chileno DES, pero á diferencia do telescopio de Padilla, que ten 40 filtros, o telescopio DES tan só conta con 5, polo que ten menor precisión.


Telescopio William Herschel (Canarias)

Para máis información pincha aquí.                

sábado, 6 de junio de 2015

O impulso das enerxías renovables

Uns científicos e políticos estadounidenses, lanzaron un programa chamado Programa Apolo para poder impulsar a investigación e o desenvolvemento das enerxías renovables. Este programa pretende enviar uns 20.000 millóns de euros anualmente, a redes eléctricas, enerxías renovables...
Un dos obxectivos do programa é doblar o presupuesto actual dedicado ás investigacións en enerxías renovables, xa que as enerxías renovables presentan moitas ventaxas con respecto ás enerxías non renovables. Algunhas desas ventaxas son:
-Non emiten CO2 á atmosfera.
-Non xeneran residuos de difícil tratamento.
-Estás enerxías non se esgotan.
-Son moito menos contaminantes que as enerxías non renovables.
-Crean máis postos de traballo que as convencionais.

As enerxías renovables tamén teñen desventaxas:
-Producen impacos visuais e acústicos.
-Non sempre producen a mesma cantidade enerxía, xa que dependen do vento, do Sol...
-Son máis caras que as enerxías convencionais.

Para máis información sobre o Programa Apolo pincha aquí.


jueves, 4 de junio de 2015

Hai que contribuir para acabar co cambio climático

A ministra española de agricultura, alimentación e medio ambiente presentou unha nova campaña: "Un millón de compromisos por el clima" para poder reducir o cambio climático adoptando unha serie de medidas para fomentar que os españoles e que algunhas institucións se animen a reducir os seus gastos de enerxía e as súas emisións de CO2.
As principais medidas propostas son:
-Reducir o uso do papel e reciclar.
-Evitar usar bolsas de plástico para mercar.
-Apagar os móbiles e os ordenadores cando non se utilicen.
-Ir andando ou utilizar a bicicleta en pequenas distancias.
-En largas distancias non utilizar o coche, senón que hai que utilizar o transporte público, xa que emite menos gases contaminantes.
-Si queres utilizar un vehículo, é preferible que sexa un híbrido ou un coche eléctrico.
-En inverno non subir demasiado a temperatura da calefacción e en verán non baixala excesivamente.
-Reducir o consumo de auga e electricidade no fogar.
Moitos expertos do cambio climático afirman que si todos contribuímos a reducir a contaminación e os gastos enerxéticos, poderemos acabar co cambio climático e con todas as consecuencias que está traendo como o aumento do nivel do mar polo desxeo dos glaciares, a alteración da migración das aves...

Para máis información sobre esta campaña fai click aquí.